Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (985/2009).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de demanda 985/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alessandro Dachille contra a empresa Exitmundo, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, con data do 19 de decembro de 2011, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Alessandro Dachille, condenando a mercantil Exitmundo, S.L., a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.673,14 euros, máis o 10% desa cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días hábiles.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Exitmundo, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado