Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2265

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

3

Optativas

30

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

27

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Proteómica

4

Optativo

Materias Optativas

Técnicas de Expresión e Purificación de Proteínas Recombinantes

3

Optativo

Introdución á Simulación de Procesos Xenéticos mediante Ordenador

4

Optativo

Hibridación de Ácidos Nucleicos

4

Optativo

Desenvolvemento e Aplicación de Biomarcadores Moleculares

6

Optativo

Metodoloxía Xenética con PCR e Secuenciación: Relacións Evolutivas e de Parentesco

4

Optativo

Diagnóstico Molecular en Patoloxías Hereditarias Humanas

4

Optativo

Aplicación dos Mecanismos de Resistencia á Bioloxía Funcional

3

Optativo

Métodos de Análise de Marcadores Xenéticos. Aplicación en Estudos de Evolución Humana

3

Optativo

Inmunonanotecnoloxía

3

Optativo

Aplicacións Xenéticas en Acuicultura e Pesqueiros

4

Optativo

Metodoloxía para o Estudo dos Glicoconxugados e as súas Alteracións en Patoloxías Humanas

4

Optativo

Principios Funcionais e Control da Actividade Enzimática

3

Optativo

Técnicas Radioisotópicas

3

Optativo

Técnicas de Análise Estatístico Aplicadas ás Ciencias da Vida

3

Optativo

Obtención e Aplicación de Anticorpos Monoclonais

4

Optativo

Avances Metodolóxicos (modelización) en Inmunoloxía Básica

3

Optativo

Análise Filoxenético

4

Optativo

Introdución á PCR Cuantitativa en Tempo Real

3

Optativo

Metodoloxía para o Análise da Evolución Molecular usando o Paquete de Software HYPHY e a súa Linguaxe de Programación

4

Optativo

Métodos Estatísticos para a Detección da Selección Natural a partir de Secuencias de ADN

3

Optativo

Introdución á Utilización da Linguaxe R para Análise Estatístico

3

Optativo

Introdución ás Liñas de Investigación

3

Obrigatorio

Materias Obrigatorias

Traballo fin de máster

27

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida o alumnado deberá superar 30 ECTS obrigatorios e 30 ECTS optativos.