Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2267

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

6

Prácticas externas

20

Traballo fin de máster

10

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Intelectual

3

Obrigatorio

Aspectos Psicopedagóxicos da Educación Especial

Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Motriz

3

Obrigatorio

Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Sensorial

3

Obrigatorio

Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos Derivadas do Contexto Sociocultural

3

Obrigatorio

Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Dificultades Específicas de Aprendizaxe

3

Obrigatorio

Resposta Organizativa do Centro Educativo e Servizos de Apoio

3

Obrigatorio

Aspectos Didácticos da Inclusión Educativa

Metodoloxías para a Inclusión Escolar

3

Optativo

As TIC Aplicadas á Educación Inclusiva

3

Optativo

O Deporte como Medio Integrador

3

Obrigatorio

Deporte e Discapacidade

O Deporte Adaptado: Propostas para unha Integración Global

3

Optativo

Alto Rendemento Deportivo: Os Paralímpicos

3

Optativo

Desenvolvemento Psicomotor e Discapacidade

3

Optativo

Actividade Física e Discapacidade

A Educación Física Adaptada como Ferramenta Formativa na Nenez

3

Optativo

A Actividade Física en Poboacións Especiais: Persoas con Discapacidade Física, Psíquica e Sensorial

3

Obrigatorio

Exercicio Físico, Saúde e Calidade de Vida: Pautas para o seu Desenvolvemento

3

Optativo

Prácticas externas I

12

Obrigatorio

Prácticas externas

Prácticas externas II

8

Obrigatorio

Traballo fin de máster

10

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo o alumnado deberá superar 54 ECTS obrigatorios e 6 ECTS optativos.