Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2263

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do numero 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Marco Normativo da Protección do Menor

5

Obrigatorio

Marco Normativo da Protección do Menor

Medidas de Protección do Menor en Situación de Risco e Desamparo

7

Obrigatorio

Menor en Situación de Risco e Desprotección

Adopción Nacional e Internacional de Menores

4

Obrigatorio

Procedimentos Civís de Protección de Menores. Xurisdición Voluntaria e Contenciosa

4

Obrigatorio

O Menor como Vítima de Feitos Delitivos

5

Obrigatorio

Menor en Situación de Conflito Social

O Menor como Infractor

5

Obrigatorio

Proceso Penal de Menores

5

Obrigatorio

A Intervención Socioeducativa con Menores en Situación de Risco, Desprotección e Conflito Social

7

Obrigatorio

A Intervención Socioeducativa con Menores en Situación de Risco, Desprotección e Conflito Social

A Mediación como Medio de Solución de Conflitos con Menores

6

Obrigatorio

A Mediación como Medio de Solución de Conflitos con Menores

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.