Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (IN408A 2011/22).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Frigoríficos Puebla, S.L.

Domicilio social: A Baiuca, n.º 1, apartado 30, 15940 A Pobra do Caramiñal.

Denominación: instalación de trixeración de 1.000 kW.

Situación: A Baiuca, n.º 1, A Pobra do Caramiñal.

Principais características técnicas:

Instalación dunha planta de tricoxeración para industria conserveira composta de:

Grupo motorxerador de potencia nominal en bornas de alternador de 1.000 kWe, instalado nun container insonorizado, coas súas correspondentes instalacións auxiliares, alimentado con gas natural procedente dunha planta de gas natural licuado que se vai instalar.

Caldeira de recuperación de gases de escape, de potencia térmica 383,9 kW.

Máquina de absorción de amoníaco-auga de potencia frigorífica nominal de 180 kWf, na cal se recuperará na primeira etapa 384 kWt da auga sobrequentada procedente da caldeira de recuperación e na segunda 579 kWt da auga do circuíto de alta tª do motor; así mesmo instalarse unha torre de refrixeración de máxima potencia térmica 1.392 kW.

Proceso de atemperación dos solos das cámaras, onde se recuperará 62,5 kW da auga do circuíto de baixa tª do motor.

Centro de transformación prefabricado, onde se instalará un transformador de potencia unitaria 1.250 kVA de tipo aceite, refrixeración ONAN, de relación de transformación 20/0,4 kV, e as seguintes celas: 1 cela de liña e 1 cela de protección de transformador.

Centro de seccionamento, que se instalará no límite da propiedade, composto de: 2 celas de liña, 1 cela seccionador pasante, 1 cela de medida, 1 cela de protección xeral, 1 cela de medida e 1 cela de liña.

Liña soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 175 m con condutor R.H.Z.1 2OL 12/20 kV 3(1×150) mm2 Al, con orixe no centro de transformación e final no centro de seccionamento.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009 (DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial