Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas que se citan, nos concellos de Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (expediente IN407A 48/2011).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica de media tensión aerosubterránea a 20 kV, para a evacuación dos parques singulares do Barbanza, nos termos municipais da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira (expediente 48/2011), por resolución desta xefatura territorial do 25 de maio de 2011, a favor da entidade beneficiaria concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal con enderezo na rúa Atalaia s/n, 15970 e na rúa Gasset n.º 28, 15940, respectivamente.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 9 de febreiro de 2012 na Pobra do Caramiñal, para o levantamento da acta previa á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, do predio n.º 2 no concello da Pobra do Caramiñal contida na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, e que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego de datas 11.3.2011 e 10.3.2011, respectivamente; acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos do predio afectado, aos que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial