De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Benjamín Linares Gallardo, con último enderezo coñecido na rúa Peto n.º 12, 27500 Chantada-Lugo, como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Zocha-2, n.º 4740, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, por expiraren os prazos polos que foi outorgado ou, se é o caso, as prórrogas concedidas, xa que intentada polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e a xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade consideraráse como proposta de resolución.
Ourense, 29 de decembro de 2011.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense