Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2010069SEA por infraccións en materia sanitaria.

O 18 de novembro de 2011, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador 2010069SEA incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Erol Akiol, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Erol Akiol, S.L. o contido da resolución do recurso de alzada, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 da Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lles facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2010069SEA.

Interesada: Erol Akiol, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70048905.

Último enderezo coñecido: Villar, 81, Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35.a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 41 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Artigos 2.1.1, 2.2 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria. R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigo 10. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, artigo 5, anexo II, cap. I e II.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 600 €. Seiscentos euros.

Contido da resolución: desestimar o recurso de alzada interposto por Haydar Akiol, en nome e representación da entidade Erol Akiol, S.L., contra a resolución sancionadora ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña o 2 de xuño de 2010.