Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2011/321-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.-Elemol.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 14 baixo, 36201 Ponte Caldelas.

Denominación: reforma L.M.T., C.T. Xustáns.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 290 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio n.º 16, paso aerosubterráneo (PAS), da L.M.T. aérea Santa Ana-Fracha e final no apoio n.º 18 (PAS) da mesma unha vez entre e saia do C.T. Xustán. Reforma do centro de transformación Xustáns consistente no cambio do tansformador de 160 kVA por un de 250 kVA e na construción de dúas casetas anexas á existente para as celas de manobra e o cadro de B.T. A instalación está situada en Xustáns, Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra