Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de decembro de 2011 pola que se acorda declarar deserta a adxudicación, na segunda poxa pública de venda, do inmoble da antiga Cámara Agraria Provincial de Ourense.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 26 de xaneiro de 2011 (DOG n.º 35, do 19 de febreiro) foi declarada a alleabilidade do inmoble da antiga Cámara Agraria Provincial de Ourense, do que foi autorizado o seu alleamento mediante poxa, por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 26 de xullo de 2011.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 30 de novembro de 2011 a Orde da Consellería de Facenda do 18 de novembro de 2011, que declaraba deserta a primeira poxa pública e a convocatoria da segunda, tivo lugar o 14 de decembro de 2011 a poxa anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda poxa a adxudicación do seguinte inmoble:

Local de oficinas, sito na planta primeira do edificio sinalado co n.º 6 da avenida de José Antonio, hoxe rúa do Paseo 20-22. Ten unha superficie construída de 328,36 m2 e útil de 246,25 m2 e linda: ao norte, coa propiedade de Carmen Calvo Moraza e con bloque xeral da escaleira; ao sur, en parte, co mencionado bloque de escaleira e con servidume de luces que constitúe o propio linde sur do inmoble xeral; ao leste, coa fachada á parte posterior do edificio; e ao oeste, co bloque xeral da escaleira, co bloque de servizos sanitarios e co predio sétimo letra C. Referencia catastral 3784032NG9838S0007FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Ourense no tomo 2.213, libro 1.468, folio 151, predio 26679.

Segundo. Acordar dar por finalizado o procedemento de venda mediante poxa pública do inmoble citado.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda