Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corredora de seguros e a exclusión do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, de María Trinidad Barreiro Carrasco.

De conformidade co disposto no alínea f) do artigo 53 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como corredora de seguros e, por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, a María Trinidad Barreiro Carrasco.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral, por solicitude da interesada, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro: GF-014.

NIF: 01157864-K.

Apelidos e nome: Barreiro Carrasco, María Trinidad.

Localidade: Lugo.

Data da resolución: 26.12.2011.