Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de decembro de 2011 pola que se acorda declarar deserta a adxudicación, na segunda poxa pública de venda, do inmoble da antiga Cámara Agraria Provincial de Lugo e da antiga Cámara Agraria Local de Lugo e de Ribeira de Piquín.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 23 de febreiro de 2011 (DOG n.º 56, do 21 de marzo) e do 20 de abril de 2011 (DOG n.º 97, do 20 de maio), foi declarada a alleabilidade dos inmobles da antiga Cámara Agraria Local de Ribeira de Piquín, así como da antiga Cámara Agraria Provincial e Local de Lugo, da que foi autorizada o seu alleamento mediante poxa, por resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 11 de xullo de 2011.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro de 2011 a Orde da Consellería de Facenda do 14 de novembro de 2011, que declaraba deserta a primeira e a convocatoria da segunda poxa pública de alleamento dos citados inmobles, realizouse o 13 de decembro de 2011 a dita poxa anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Local destinado a oficinas na segunda planta situado no extremo esquerdo, mirando desde a rúa da súa situación en Montero Ríos, dunha superficie de 48 m2, e que linda: pola súa fronte, con Montero Ríos; polo fondo e a dereita, co resto da planta segunda (hoxe Comunidade Autónoma de Galicia), patio de luces e servizos sanitarios, e, pola súa esquerda, co garaxe chamado Torralba, propio de José Mon. Inscrito no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Lugo no tomo 1.747, libro 1.308, folio 98, predio 11.480. Referencia catastral 8234011PH1683S0003ST.

– Planta segunda ou piso segundo da casa sinalada cos números 24 e 26 da avenida Montero Ríos de Lugo, dunha superficie construída de 276 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: pola dereita, entrando ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro; pola esquerda, entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; polo fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro piso; pola fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos e tamén co local da antiga Cámara Agraria local, hoxe da comunidade autónoma. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 33, predio 54.716. Referencia catastral: 8234011PH1683S0002AR.

– Planta terceira ou piso terceiro da casa sinalada cos números 24 e 26 da avenida Montero Ríos de Lugo, dunha superficie construída de 324 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: pola dereita, entrada ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro, pola esquerda, entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; polo fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro piso; pola fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 34, predio 54.718. Referencia catastral: 8234011PH1683S0004DY.

– Dereito de servidume de catro aparcadoiros debidamente individualizados no soto en favor das plantas segunda e terceira do inmoble números 24 e 26 da avenida Montero Ríos. Inscrito no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Lugo como predio n.º 54.714.

2. Predio denominado Cruz de Cangos, situado no lugar de Lamas, parroquia de Santalla (Ribeira de Piquín), cunha superficie aproximada de 150 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: ao norte, co camiño público de Lamas; ao sur e leste, inculto de Gabino Fernández Díaz; e ao oeste, Jesús Rodríguez García. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Fonsagrada como predio n.º 120, tomo 184, libro 1 e folio 197. Referencia catastral: 002201900PH48D0001KL.

Segundo. Acordar dar por finalizado o procedemento de venda mediante poxa pública dos inmobles citados.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda