Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1972

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes
en Contextos Escolares

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

18

Optativas

21

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

21

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Técnicas Multivariadas

3

Obrigatorio

Métodos de Investigación e Innovación Educativa

Fontes e Recursos Documentais da Investigación en Secundaria

3

Obrigatorio

Aprendizaxe a través dos Novos Recursos Tecnolóxicos en Secundaria

3

Obrigatorio

A Etnografía como unha Metodoloxía e a súa Aplicación á Educación Secundaria

3

Optativo

A Ensinanza Secundaria no Sistema Educativo: Reformas Recentes e Perspectivas de Futuro

3

Obrigatorio

Modelos e Procesos de Ensinanza-Aprendizaxe

Co-Ensinanza e Modelos de Colaboración Interdisciplinar en Educación Secundaria

3

Obrigatorio

Motivación Académica e Aprendizaxe en Secundaria

3

Optativo

Imaxes Mentais e Creatividade como Recurso Educativo en Educación Secundaria

3

Optativo

A Formación Profesional do Profesorado de Ensinanza Secundaria: da Implantación do Bacharelato Moderno á Actualidade

3

Optativo

Aspectos Psicopedagóxicos da Educación Secundaria

3

Obrigatorio

Orientación Educativa e Atención na Diversidade

Convivencia e Resolución de Conflitos nos Centros Escolares de Educación Secundaria

3

Optativo

Intervención con Menores de Familias Separadas

3

Optativo

Orientación e Resposta a Estudiantes con Necesidades Educativas Especiais

3

Optativo

Intervención Social con Población Emigrante

3

Optativo

Sexualidade e Afectividade na Adolescencia

3

Optativo

Proxectos e Programas de Acción Tutorial

Paz, Dereitos Humanos e Diversidade Cultural en Educación Secundaria

3

Optativo

Educación en Valores en Secundaria

6

Optativo

Ocio, Saúde e Calidade de Vida. Posibilidades desde a Educación

3

Optativo

Promoción da Saúde: Prevención das Drogodependencias en Educación Secundaria

3

Optativo

Xénero e Coeducación: Programas Psicosocioeducativos sobre Estereotipos de Xénero e Imaxe Corporal de Ensinanza Secundaria

3

Optativo

Traballo fin de máster

21

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares, o alumnado deberá superar 39 ECTS obrigatorios e 21 ECTS optativos.