Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1970

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

45

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

MC1: A Información Financeira e o Goberno Corporativo

6

Obrigatorio

Contabilidade

MC2: Auditoría da Empresa: Análise de Procesos e Novas Tendencias

6

Obrigatorio

MC3: Información Contable no Sector Público: Tendencias e Novos Desenvolvementos

6

Obrigatorio

MC4: Novos Desenvolvementos en Contabilidade Internacional

9

Obrigatorio

MF1: Finanzas Corporativas: Mercados Financeiros

6

Obrigatorio

Finanzas

MF2: Finanzas Corporativas: Entidades Financeiras e a Globalización

6

Obrigatorio

MF3: Finanzas Corporativas: Valoración

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación en Contabilidade e Finanzas o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.