Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1968

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

0

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Tecnoloxía e Innovación nunha Nova Contorna Competitiva

3

Obrigatorio

O Contexto da Innovación Continua

Innosistemas, Redes e Soportes Institucionais para a Innovación

3

Obrigatorio

Vixiancia e Prospectiva Tecnolóxica

3

Obrigatorio

Identificación de Oportunidades de Mellora

Auditoría de Procesos e Produtos

3

Obrigatorio

Deseño Estratéxico para a Innovación

3

Obrigatorio

Estratexias para a Innovación

Aspectos Legais na Xestión de I+D+i

3

Obrigatorio

Dirección de Proxectos

3

Obrigatorio

Dirección e Certificación de Proxectos

Normalización e Certificación de I+D+i

3

Obrigatorio

Estruturas Organizativas para a Innovación

3

Obrigatorio

Implantación da Estratexia de Innovación

Creación de Capacidades e Control da Innovación

3

Obrigatorio

Os Fundamentos da Cultura Lean

3

Obrigatorio

Transformación Lean para a Mellora Continua da Produtividade

A Xestión Básica Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

A Xestión Avanzada Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

Conceptos Avanzados de Lean Manufacturing

A Xestión Lean Extendida á Empresa e a Cadea de Valor

3

Obrigatorio

Prácticas Externas

12

Obrigatorio

Prácticas Externas

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.