Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1966

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación en Comunicación.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Rector da Universade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Investigación en Comunicación

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

36

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

24

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

A Investigación dos Medios de Comunicación Social

3

Obrigatorio

Competencias de Investigación en Comunicación

Criterios para a Crítica de Textos Periodísticos

3

Obrigatorio

Textos Clásicos en Investigación en Comunicación

3

Obrigatorio

Métodos de Investigación en Ciberperiodismo

3

Obrigatorio

Competencias de Investigación en Comunicación Dixital

Investigación de Comunicación en Redes Dixitais

3

Obrigatorio

Modelos de Radio, Innovacións e Usos Sociais

3

Obrigatorio

Competencias de Investigación en Comunicación de Medios de Comunicación

Novas Formas Publicitarias

3

Obrigatorio

Estudo dos Principais Grupos de Comunicación en España

3

Obrigatorio

Métodos de Investigación e Análise de Identidade e Imaxe Corporativa

3

Obrigatorio

Competencias de Investigación en Comunicación de Organizacións

Comunicación e Protocolo Institucional e Corporativo

3

Obrigatorio

Investigación en Proxectos de Relacións Públicas

3

Obrigatorio

O Valor e a Adecuación do Texto na Comunicación de Organizacións

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

24

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación en Comunicación o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.