Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1974

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

66

Optativas

24

Prácticas Externas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

120

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Fundamentos da Imaxe Plástica

6

Obrigatorio

Fundamentos

Fundamentos da Imaxe Dixital

6

Obrigatorio

Fundamentos do Proxecto Didáctico-Pedagóxico

6

Obrigatorio

O Proceso Literario

6

Obrigatorio

Procesos Disciplinares

O Proceso Plástico Secuencial

6

Obrigatorio

Proceso de Animación Audiovisual I

6

Obrigatorio

O Libro Ilustrado: Proceso Creativo

6

Obrigatorio

Proceso de Animación Audiovisual II

12

Obrigatorio

Proceso de Edición e Posprodución Audiovisual

6

Obrigatorio

Proxecto Libro Ilustrado

12

Optativo

Proxecto Álbum Ilustrado

12

Optativo

Proxecto Animación Audiovisual Tradicional

12

Optativo

Proxecto Animación Audiovisual Stop Motion

12

Optativo

Implementación Didáctica: Recursos

6

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

18

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual o alumnado deberá superar 96 ECTS obrigatorios e 24 ECTS optativos.