Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2011/0216-4 e RL 2011/0220-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ás empresas que se relacionan a resolución ditada nos expedientes sancionadores correspondentes.

Expediente: RL 2011/0216-4.

Acta: I362011000064081.

Empresa: Huachai Lin.

NIF: X-5076893-B.

Enderezo: Sanjurjo Badía, 104, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2 e 16.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.a), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 28.11.2011.

Resolución: multa de 2.046 euros.

Expediente: RL 2011/0220-4.

Acta: I362011000065293.

Empresa: Vivendas Comunitarias Galiza, S.L.

NIF: B-36969103.

Enderezo: estrada Canido, 89, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.5 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 7.5, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 24.11.2011.

Resolución: multa de 2.000 euros.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 13 de decembro de 2011.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo