Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Vyatrans, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que o xefe da unidade territorial de Traballo e Benestar Social de Lugo, resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Vyatrans, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral de data 23 de maio de 2011. Consta como novo capital social mínimo 10.000 euros.

Lugo, 20 de decembro de 2011.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo