Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2011/0180-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante a presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2011/0180-4.

Acta: I362011000046095.

Empresa: Groporta, S.L.

NIF: B-36365112.

Enderezo: Barbeito, 76 Portonovo - Sanxenxo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.6, 39.3 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 6.10.2011.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 20 de decembro de 2011.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo