Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 307/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. avda. Fernando Blanco.

Situación: Cee.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a C.T. Lino Rodríguez Madero, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,02 km, coa orixe na L.M.T.S. POT 801 existente (expediente IN407A 2007/597), en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saía do C.T. proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a C.T. avda. Fernando Blanco, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,188 km, coa orixe na L.M.T.S. POT 801 existente (expediente IN407A 2007/597), en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saía do C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado Lino Rodríguez Madero, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV.

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado avda. Fernández Blanco, cunha potencia de 400+630 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV. Concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial