Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 311/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. rúa Irmandade de Doadores de Ferrolterra.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, coa orixe nos empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-729 existente no tramo entre o C.D. Aparcadoiro Residencia (expediente IN407A 2001/540) e O C.S. Arquitecto Marcide (expediente IN407A 2005/181), en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) mm² Al, e final na mesma liña unha vez entre e saía do C.T.C. rúa Irmandade de Doadores de Ferrolterra proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV, para alimentación da nova demanda de enerxía eléctrica do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, situado na rúa Irmandade de Doadores de Ferrolterra en San Pedro de Leixa. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial