Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento de L.M.T. e C.S. lugar de Curro-Alvedro.
Situación: concello de Culleredo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-715B a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,665 km, coa orixe no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 57 proxectado de tipo H.V.H. LF-15/4.500 da L.M.T. SBN-715B, tramo entre o C.T. Culleredo e derivada ao C.T. Fonte Igrexa, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 59 proxectado tipo H.V.H. FL-15/4500 da L.M.T. SBN-715B, tramo entre o C.T. Culleredo a C.T. Fonte Igrexa tras realizar entrada e saída no C.S. Curro-Alvedro proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea derivada a C.T. Tarrío a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe en cela de liña do C.S. Currro-Alvedro proxectado, en condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al) e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 2 proxectado tipo H.V.H. FL-13/1.600 da L.M.T. SBN-715B, derivada a C.T. Tarrío. Concello de Culleredo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 13 de decembro de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial