Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1784

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Telemática.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Telemática

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

14

Optativas

36

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

10

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Arquitectura de Redes

5

Obrigatorio

I. Especialización de Redes

Enxeñaría de Tráfico

5

Obrigatorio

Simulación de Sistemas de Comunicacións

4

Obrigatorio

QoS en Internet

4

Optativo

Multimedia e Internet

4

Optativo

Redes Ópticas Troncais

4

Optativo

Redes Ópticas de Acceso

4

Optativo

Redes sen Fíos de Acceso

4

Optativo

Redes sen Fíos Persoais e Locais

4

Optativo

Redes Sociais e Web 2.0

5

Obrigatorio

II. Especialización de Servizos e Aplicacións

Aplicacións Telemáticas Avanzadas

5

Obrigatorio

Metodoloxías para o Desenvolvemento de Servizos na Web

4

Obrigatorio

Deseño e Desenvolvemento de Servizos para Dispositivos Móbiles en Redes con e sen Infraestrutura

4

Optativo

Busca de Información en Internet e Web Semántica

4

Optativo

Servizos Multimedia Personalizados

4

Optativo

Servizos Interactivos de TV Dixital no Fogar

4

Optativo

Computación Ubicua

4

Optativo

Redes e Sistemas Intelixentes

4

Optativo

Traballo fin de máster

10

Obrigatorio

III. Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Telemática, o alumnado deberá superar:

– No itinerario Rede: 14 ECTS obrigatorios do módulo I, 16 ECTS optativos a escoller entre o resto de materias ofertadas no módulo I, 20 ECTS a escoller entre o resto das materias dos módulos I e II e, por último, os 10 ECTS do módulo III.

– No itinerario Servizos e Aplicacións: 14 ECTS obrigatorios do módulo II, 16 ECTS optativos a escoller entre o resto de materias ofertadas no módulo II; 20 ECTS a escoller entre o resto das materias dos módulos I e II e, por último, 10 ECTS do módulo III.