Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1787

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Química.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

MÁSTER UNIVERSITARIO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………….……

60

Optativas………………………………...................

0

Prácticas externas……………………………….…

0

Traballo fin de máster…………………...................

30

Créditos totais……………......................

90

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

A Termodinámica Aplicada aos Procesos Industriais

5

Obrigatoria

Materias obrigatorias

Aplicación dos Procesos de Separación á Fabricación de Produtos Químicos

5

Obrigatoria

Equilibrio Líquido-Líquido e Coeficientes de Actividade a Dilución Infinita

5

Obrigatoria

Biocatálise Aplicada

5

Obrigatoria

Novos Axentes de Separación para Procesos Industriais: Líquidos Iónicos

5

Obrigatoria

Enxeñaría Electroquímica e Corrosión

5

Obrigatoria

Enxeñaría dos Procesos Fermentativos

5

Obrigatoria

Biotecnoloxía Alimentaria

5

Obrigatoria

Recuperación e Purificación de Produtos Sintetizados Biotecnolóxicamente e/ou de Forma Natural

5

Obrigatoria

Control da Contaminación Ambiental

5

Obrigatoria

Tecnoloxía do Tratamento de Correntes Gaseosas Industriais

5

Obrigatoria

Materiais e Métodos para a Protección dos Metais Fronte á Corrosión

5

Obrigatoria

Traballo Fin de Máster

30

Obrigatoria

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Química o alumnado deberá superar 90 ECTS obrigatorios.