Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1782

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Información Técnica do Medicamento.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no BOE do 16 de marzo por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Información Técnica do Medicamento pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Información Técnica do Medicamento

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

45

Optativas

0

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

Créditos

Carácter

Módulo

O Mercado Farmacéutico, Estrutura Reguladora, Fabricación de Medicamentos e Distribución Farmacéutica

3

Obrigatorio

Contorna Farmacéutica

Oficina de Farmacia, Estrutura dun Laboratorio Farmacéutico e dun Departamento Comercial, Márketing e Desenvolvemento de Fármacos

3

Obrigatorio

Anatomía e Fisioloxía Xeral, Deontoloxía e Lexislación Médica

3

Obrigatorio

Medicina e Visita Médica

Medicina Preventiva, Saúde Pública e Comunitaria e Patoloxía Xeral. Medicina Baseada na Evidencia. Fármaco-Cinética e Fármaco-Dinámica. Terapia Médica e a Ética da Relación Médico-Informados

3

Obrigatorio

Acción de Fármacos e Accións que Condicionan as Respostas aos Fármacos

3

Obrigatorio

Farmacoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica

Formas Farmacéuticas e Farmacoloxía Humana

3

Obrigatorio

Dereito Administrativo Aplicado á Visita Médica

3

Obrigatorio

Contorna Legal Aplicada á Visita Médica

Dereito Procesual Aplicado á Visita Médica

3

Obrigatorio

Dereito Mercantil Aplicado á Visita Médica

3

Obrigatorio

Dereito Laboral e Dereito Tributario Aplicado á Visita Médica

3

Obrigatorio

Avaliación Económica do Medicamento

3

Obrigatorio

Técnicas de Venta e Visita Médica

Psicoloxía Social e Técnicas de Venta

3

Obrigatorio

A Visita Médica

3

Obrigatorio

Sistemas de Información Aplicados á Visita Médica

3

Obrigatorio

Informática Aplicada á Visita Médica

Ferramentas Informáticas Aplicadas á Visita Médica

3

Obrigatorio

Prácticas Profesionais

9

Obrigatorio

Prácticas Profesionais

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Proxecto fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Información Técnica do Medicamento o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.