Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1780

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

12

Optativas

18

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Investigación en Historia: Novas Perspectivas e Liñas de Investigación

6

Obrigatorio

Historia e Territorio

Espazo, Mito e Realidade Histórica na Grecia Antiga

3

Optativo

O Matrimonio en Roma segundo os Textos Clásicos

3

Optativo

Territorio, Institucións e Documentación na Galicia Medieval

3

Optativo

Sociedade, Poder e Territorio na España Moderna

3

Optativo

Laicismo e Sociabilidade na Época Contemporánea

3

Optativo

A Cooperación Territorial en Europa: 1945-2006

3

Optativo

Memoria, Identidade e Territorio

3

Optativo

Categorías de Protección e Recursos dos Bens Patrimoniais. Monumentos e Conxuntos Históricos

3

Obrigatorio

Territorio e Recursos Patrimoniais

Recursos Naturais e Paisaxe na Ordenación do Territorio

3

Obrigatorio

Patrimonio, Museoloxía e Arqueoloxía: O Pasado como Discurso Histórico

3

Optativo

Modelos Expositivos de Obras de Arte. Teoría e Práctica da Restauración

3

Optativo

Antropoloxía da Cultura Material

3

Optativo

Territorio e Asentamentos Rurais na Gallaecia

3

Optativo

O Fenómeno Relixioso e a Evolución do Patrimonio Eclesiástico na Galicia Contemporánea

3

Optativo

Cambios na Ocupación do Territorio de Galicia: Análise e Cartografía

3

Optativo

Traballo fin de máster

30

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais o alumnado deberá superar 42 ECTS obrigatorios e 18 ECTS optativos.