Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1778

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Finanzas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Finanzas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Finanzas

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

0

Prácticas externas

15

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Fundamentos Matemáticos das Finanzas

3

Obrigatorio

Materias Obrigatorias

O Sistema de Información na Empresa. Diagnóstico Financeiro

3

Obrigatorio

Viabilidade de Proxectos

3

Obrigatorio

Xestión de Investimento e Financiamento

3

Obrigatorio

Xestión do Circulante

3

Obrigatorio

Estratexia e Política Financeira

3

Obrigatorio

Mercados Financeiros

3

Obrigatorio

Xestión Financeira Internacional

3

Obrigatorio

Xestión de Riscos

6

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

15

Obrigatorio

Prácticas en Empresas

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Finanzas o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.