Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de decembro de 2011 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultar o interesado ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/21/2011 a Manuel Domínguez Méndez, en relación coas obras consistentes na construción de dúas edificacións de planta baixa, no lugar de Ameiro, parroquia de Dena, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está a disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística