Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de decembro de 2011 pola que se notifica a inadmisión de solicitude de ampliación de prazo para a reposición da legalidade urbanística (expediente 107B 2009/48-0), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 19 de outubro de 2011, inadmitir a solicitude de ampliación de prazo para executar a demolición das obras promovidas por Roberto Valín Torres e Celina Santaeufemia Rodríguez, consistentes na construción dunha edificación composta por varias plantas, situada no lugar de Santiago de Piugos, no concello de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística