Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de decembro de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/97/2011, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o día 27 de xuño de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras de construción de dúas edificacións de uso residencial no lugar de Espiñeiro, concello de Taboadela, provincia de Ourense. Durante a instrución do expediente resultou probado que Diego Feijoo Loureiro é copropietario da parcela en que se sitúan as obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notificase encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar-Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística