Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2011 pola que se notifica a incoación de expediente sancionador por infracción urbanística 107C 2011/70-0, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III ditou, o 10 de novembro de 2011, resolución pola que se acorda a incoación de expediente sancionador 107C 2011/70-0 a José Ramón Carid Pérez e Flora Blanco González, promotores das obras e propietarios dos terreos, como presuntos responsables dunha infracción urbanística moi grave, tipificada no artigo 217.2.b) da LOUG, pola execución de obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Rivela, no concello de Coles.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística