De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.
Pontevedra, 14 de decembro de 2011.
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Expediente: DT-009/11.
Nome: Comunidade hereditaria de Belisaria Iglesias Iglesias.
María Iglesias Canabal.
Enderezo: rúa Bélxica, núm. 7-3.º B, Monte Porreiro, Pontevedra.
Asunto: notificación do acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-009/11.
Recursos: de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, que se contará a partir do seguinte ao da publicación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes, e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse. Poderán tamén recoñecer expresamente a súa responsabilidade mediante a entrega das chaves da vivenda.
Advírteselles aos interesados que, de non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución.