Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria da explotación da escola infantil do Hospital Lucus Augusti (AB-CHX1-11-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. San Cibrao, s/n. 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4. Teléfono: 982 29 60 24.

5. Telefax: 982 29 65 92.

6. Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-11-010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: explotación da escola infantil do Hospital Lucus Augusti en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non/un.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Dependencia: Hospital Lucus Augusti.

2. Domicilio: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: desde o asinamento do contrato ata o 31 de agosto de 2015.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 85312110-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación.

– Importes: como contraprestación económica pola ocupación do dominio público, o contratista deberá aboar ao órgano de contratación un canon anual que figurará na oferta presentada; o citado canon desagrégase en dúas partes:

Unha parte fixa: o importe anual mínimo ascenderá a nove mil euros (9.000 €), que será susceptible de mellora polos licitadores nas súas ofertas (que quedarán vinculados ao importe que propoñan); en consecuencia, as ofertas dos licitadores para resultar admitidas deberán ser iguais ou superiores á devandita contía e valoraranse as melloras que se fagan sobre este mínimo.

Unha parte variable en función do número de usuarios do centro: o importe anual mínimo ascenderá a cen euros (100 €) por usuario da escola infantil, que será susceptible de mellora polos licitadores nas súas ofertas (que quedarán vinculados ao importe que propoñan); en consecuencia, as ofertas dos licitadores para resultar admitidas, deberán ser iguais ou superiores a devandita contía e valoraranse as melloras que se fagan sobre este mínimo.

Cada vez que transcorran doce meses desde o inicio da execución do contrato, o canon poderá ser obxecto de revisión segundo a variación do IPC galego dos doce meses anteriores, sen que a revisión poida superar o 85% da variación experimentada polo citado índice.

A parte fixa do canon (ou canon anual) ingresarase nos dous primeiros meses de cada ano, entendendo que, para tales efectos, o ano comeza co inicio da execución do contrato; a parte variable do canon (ou canon por usuario) ingresarase o último mes de cada ano de execución do contrato.

Para os efectos do pagamento do canon por usuario, a cantidade que se ingresará será o resultado de multiplicar o número de usuarios do centro polo canon por usuario, salvo no caso de que os usuarios asistisen ao centro menos de diez meses ao ano, caso en que, para determinar o canon que hai que ingresar correspondente a ese usuario, multiplicarase o número de meses que o usuario acudise ao centro polo canon mensual (que equivale a unha décima parte do canon por usuario ofertado).

6. Garantías exixidas: provisoria (importe): 0,00 €. Definitiva: o licitador que presentase a oferta máis vantaxosa economicamente vén obrigado a constituír na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda, á disposición do órgano de contratación, garantía definitiva do 50% do importe do canon anual fixo que ofertase. Tal garantía responderá dos conceptos sinalados no artigo 100 do TRLCSP.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo y categoría) (se é o caso): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso (para os empresarios non españois dos Estados membros da Unión Europea):

1. Solvencia económica e financeira: ver o punto 4.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Solvencia técnica e/ou profesional: ver o punto 4.3.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación:

1. As catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral, 2.ª plta. do Hospital Lucus Augusti.

2. Enderezo: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti. San Cibrao, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) A data e a hora: publicarase no perfil do contratante. 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 26 de decembro de 2011.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo