Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria da xestión e explotación do tanatorio do Hospital Lucus Augusti (AB-CHX1-11-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. San Cibrao, s/n. 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4. Teléfono: 982 29 60 24.

5. Telefax: 982 29 65 92.

6. Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-11-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do tanatorio do Hospital Lucus Augusti en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: un/unha.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Dependencia: Hospital Lucus Augusti.

2. Domicilio: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: será de dez (10) anos, computados desde o día de inicio da explotación. O prazo máximo para a execución das tarefas de instalación e posta en funcionamento do servizo será de 45 días naturais que se computarán desde o día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 98370000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subhasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o punto 5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación.

5.1. Importe canon (desagregado en dúas partes):

a) Unha parte fixa no que o importe anual mínimo ascenderá a trinta mil euros (30.000 €), que será susceptible de mellora polos licitadores nas súas ofertas (quedando vinculados ao importe que propoñan); en consecuencia, as ofertas dos licitadores para resultar admitidas, deberán ser iguais ou superiores á devandita contía, valorándose as melloras que se fagan sobre este mínimo.

b) Unha parte variable en función do número dos servizos que se presten da utilización das salas do tanatorio; o importe mínimo ascenderá a sesenta euros (60 €) por servizo de utilización de cada unha das salas do tanatorio, que será susceptible de mellora polos licitadores nas súas ofertas (quedando vinculados ao importe que propoñan); en consecuencia, as ofertas dos licitadores para resultar admitidas, deberán ser iguais ou superiores a devandita contía, valorándose as melloras que se fagan sobre este mínimo.

c) Cada vez que transcorran doce meses desde o inicio da execución do contrato, o canon poderá ser obxecto de revisión segundo a variación do IPC galego dos 12 meses anteriores.

5.2. Plan de Implicación na Responsabilidade Social Corporativa.

6. Garantías exixidas: provisoria (importe): 0,00 €. Definitiva: o cincuenta por cento (50%) do importe do canon anual fixo que se oferte.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso (para os empresarios non españois dos Estados membros da Unión Europea):

1. Solvencia económica e financeira: ver o punto 4.3.1.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Solvencia técnica e/ou profesional: ver o punto 4.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación:

1. As catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral, 2.ª plta. do Hospital Lucus Augusti.

2. Enderezo: San Cibrao, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primerio día hábil seguinte.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: –.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Lucus Augusti. San Cibrao, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) A data e a hora: publicarase no perfil do contratante. 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Lugo, 23 de decembro de 2011.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo