Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO para a provisión con carácter interino dunha praza de arquitecto superior.

Aprobadas pola Xunta de Goberno local, na sesión do 20 de decembro de 2011, as bases que rexerán a convocatoria para a provisión con carácter interino dunha praza de arquitecto superior, mediante o sistema de concurso-oposición; sendo as características desta praza as seguintes:

a) Encadrada no cadro de persoal funcionario, dentro da subescala técnica da escala de Administración especial.

b) Pertence ao grupo A1, tendo asignado un nivel de C.D 26 e un C.E para o exercicio económico 2011 de 6.095,2 euros.

c) Vacante desde a aprobación definitiva do orzamento municipal do exercicio económico 2011 (que entrou en vigor o día 28 de marzo).

d) Requisito: estar en posesión do título superior de arquitecto ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

As solicitudes presentaranse no modelo oficial, que figura como anexo I das ditas bases, dentro do prazo de cinco días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI e da titulación requirida.

– Relación de méritos que serán obxecto de valoración, pola orde que se establece na base 9.ª, punto A, fase de concurso.

A fase de oposición constará dos dous exercicios que se especifican na base 9.ª, punto B, fase de oposición.

As bases que rexerán o concurso-oposición atópanse nas oficinas municipais á disposición dos interesados.

A resolución sobre aprobación da listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos, e os anuncios relativos ás demais resolucións que se diten en relación con este proceso de selección, publicaranse no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

En Arzúa, 20 de decembro de 2011.

José Luis García López
Alcalde