Unha vez rematado o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (DOG número 144, do 28 de xullo), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 2 de decembro de 2011 (DOG número 235, do 12 de decembro), esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta Galicia, subgrupo A1, os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles destinos definitivos nos postos que figuran no anexo de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o 15 de decembro de 2011.
Segundo. Para adquiriren a condición de funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta Galicia, subgrupo A1, todos/as os/as aspirantes referidos/as no punto primeiro deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.
Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda