Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1795

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de decembro de 2011 pola que se convoca para a elección de destino o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2011, en execución da sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación 4630/2006.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 28 de decembro de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:

No sumario e na páxina 38644, no encabezado onde di: «… convocado pola Orde do 18 de decembro de 2011...», debe dicir: «... convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001...».

Na páxina 38644, no primeiro parágrafo onde di: «… mediante a Orde do 28 de setembro de 2008…», debe dicir: «… mediante a Orde do 28 de setembro de 2011…».