Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de xaneiro de 2012 pola que se nomea funcionario do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, o aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, en execución da sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación 4630/2006.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo do aspirante que de acordo coa Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 191, do 5 de outubro) superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, en execución da sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación 4630/2006, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, o aspirante que superou o proceso selectivo, en execución da sentenza do 8 de marzo de 2010 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no recurso de casación 4630/2006.

Segundo. Adxudicar ao dito aspirante como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo, de acordo coa elección de destino realizada o 3 de xaneiro de 2012.

Para adquirir a condición de funcionario do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, grupo D, escala de axentes forestais, o aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co expresamente establecido na resolución da sentenza, o nomeamento terá efectos económicos e administrativos «desde o momento en que se produciron para os aspirantes que accederon á función pública en virtude desa mesma convocatoria».

Dado que os ditos aspirantes foron nomeados pola Orde do 12 de novembro de 2003 (DOG n.º 225, do 19 de novembro) e o prazo de toma de posesión comezou a computarse ao día seguinte, o nomeamento do aspirante que supera o proceso selectivo en execución de sentenza terá efectos económicos e administrativos do día 20 de novembro de 2003.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

N.º

Apelidos

Nome

DNI

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

Méndez López

Ramón

33228955G

3

MRC995008327490003

MR

Axente zonal

16

CD

Comarca forestal: Quiroga

Servizos
periféricos

Quiroga