Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1802

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de decembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.I.I.5 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima 15 de puntos, obtida da suma das dúas partes do exame. A suma das dúas partes da proba non se efectuará se a cualificación que se acadou nalgunha das partes é inferior a seis puntos, caso en que non se terá superado o exercicio.

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Ana Morato Miguel
Presidenta do tribunal