Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1803

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da oposición.

En sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 (DOG núm. 241, do 20 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día trinta (30) de xaneiro de 2012, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, na aula 1 e no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do n.º 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal