Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1804

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 778/2010, interposto por José Manuel Tobío Boquete.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 778/2010, interposto por José Manuel Tobío Boquete, contra a Resolución da conselleira de Facenda do 26 de agosto de 2010 pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 14 de abril de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos, pola que se publican as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados/as ao segundo exercicio da fase de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública