Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1726

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de decembro de 2011 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúen os bens hereditarios remanentes da herdanza intestada de José Manuel Aneiros Roquer.

Antecedentes.

Por comunicación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira (A Coruña), iniciouse o procedemento para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de José Manuel Aneiros Roquer, con DNI 32587612-Q, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, norma de aplicación neste caso dada a data de finamento do causante, 23 de agosto de 2002, na cidade de Ferrol.

Por auto do 13 de setembro de 2005 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira declarouse a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato do causante.

O 14 de maio de 2007 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se lle daba publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente de sucesión intestada, presentando a Consellería de Cultura e Deporte, hoxe Consellería de Cultura e Turismo, e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, agora Consellería de Traballo e Benestar, respectivas solicitudes de adxudicación da herdanza.

Fundamentos xurídicos.

Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que executa a Lei 3/1985.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución dos bens hereditarios,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de José Manuel Aneiros Roquer:

a) Bens e dereitos:

– Tesouraría:

Caixa Galicia número c/c: 20910200063000779405

9.773,73 euros.

Total de bens e dereitos:

9.773,73 euros.

b) Obrigas e débedas:

– Non constan.

Total obrigas e débedas:

0,00 euros.

Total líquido (bens e dereitos-obrigas e débedas):

9.773,73 euros.

Segundo. Acordar a adxudicación do capital líquido remanente, 9.773,73 euros, á Consellería de Cultura e Turismo e á Consellería de Traballo e Benestar para a súa aplicación a establecementos de asistencia social ou institucións culturais, preferentemente radicados na derradeira residencia habitual do causante, municipio de Ferrol, e, en todo caso, en territorio galego.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante este órgano administrativo, de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que coide oportuno.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda