Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (617/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 617/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Ruiz Villarreal contra a empresa Dygra Films, S.L., Producciones Dygra Films, S.L., Oniria Publishing, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 530/2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 tras ter visto o presente despedimento obxectivo individual 617/2011 por instancia de Gustavo Ruiz Villarreal asistido pola letrada Emma Miranda Varela, contra Dygra Films, S.L., Producciones Dygra Films, S.L., Oniria Publishing, S.L. que non comparecen a pesar de estar citadas en legal forma.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Gustavo Ruiz Villarreal fronte á empresa Dygra Films, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, calquera que for a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 22.751,14 € (vinte e dous mil setecentos cincuenta e un con catorce céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 66,67 €/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 11.533,33 euros.

3. Desestimo as accións exercidas fronte ás codemandadas Producciones Dygra Films, S.L. e Oniria Publishing, S.L.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtasellles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle notifique. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.65.0617.11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0617.11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Dygra Films, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de decembro de 2011.

O secretario xudicial