Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1606

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (793/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jorge Iglesias Espiñeira contra Bercop, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 793/08 acordouse notificar a Bercop, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de notificar a decisión da sentenza recaída no presente procedemento:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante Jorge Iglesias Espiñeira, debo condenar e condeno a empresa Bercop S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 180,51 euros polos conceptos reclamados en demanda.

E para que sirva de citación a Bercop, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial