Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1604

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (952/2008).

No procedemento seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, co procedemento ordinario número 952/2008, ditouse sentenza o 14 de marzo de 2011, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza 54/11.

En Pontevedra o catorce de marzo de dous mil once.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra estes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 952/2008 por instancia de Ana Belén Acuña Álvarez, representada pola procuradora Sra. Cabido Valladar, asistida da letrada Sra. Lariño Noia, contra Mapfre Automóviles, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Sr. Sanjuan Fernández e baixo a dirección técnica do letrado Sr. Cuiñas Rodríguez; contra o Consorcio de Compensación de Seguros, baixo a dirección da letrada do Estado, Sra. Gómez Andrés; e, contra Azzedine Bhaimat, en situación de rebeldía procesual.»

«Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Ana Belén Acuña Álvarez contra Mapfre Automóviles, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, o Consorcio de Compensación de Seguros e Azzedine Bhaimat; e, en consecuencia, absolvo a Mapfre Automóviles, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros e o Consorcio de Compensación de Seguros das pretensións deducidas contra eles; e, condeno a Azzedine Bhaimat a que aboe a Ana Belén Acuña Álvarez a cantidade de 5.344,65 euros, aplicándose, desde a data desta sentenza e ata o completo pagamento, o xuro legal incrementado en dous puntos.

As custas procesuais causadas ao Consorcio de Compensación de Seguros e a Mapfre Automóviles, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros impóñense a Ana Belén Acuña Álvarez.

Ana Belén Acuña Álvarez e Azzedine Bhaimat pagarán as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación, que deberá prepararse ante este xulgado no prazo de cinco días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.»

E para que conste e sirva de notificación ao demandado rebelde Azzedine Bhaimat, expido esta en Pontevedra o vinte e nove de abril de dous mil once.

A secretaria xudicial