Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 13 de decembro de 2011, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-01427-O-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 13 de decembro de 2011.

M.ª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01427-O-2011

9179-DZK

Garda Civil 2704 I64330I

Transportes Riazor, S.A.

A15202666

Polg. Arco Iris Soñeiro 54

15168 Sada Coruña (A)

Minoración ata o 20% nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos das 9.00 ás 8.00 horas.

1.6.2011; 21.01; LU-861; 03,00

Art. 143.1.c) LOTT,

art. 201.1.c) ROTT

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

301 euros