Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de decembro de 2011 pola que se acorda a venda duns inmobles procedentes da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Por Orde da Consellería de Facenda do 22 de marzo de 2004 (DOG n.º 70, do 13 de abril), 31 de maio de 2010 (DOG n.º 115, do 18 de xuño), 28 de febreiro de 2011 (DOG n.º 63, do 30 de marzo) e 1 de xullo de 2011 (DOG n.º 143, do 27 de xullo) foi declarada a alleabilidade duns inmobles da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela, da cal foi autorizado o seu alleamento mediante poxa, por resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 3 de xaneiro e 19 de outubro de 2011.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 210, do 3 de novembro de 2011) e La Voz de Galicia do mesmo día, tivo lugar o día 30 de novembro e o 1 de decembro de 2011 a cuarta e primeira poxa pública anunciada, co que á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Manuel Rey Gómez, polo prezo de 24.000 €, a parcela n.º 71, Agra da Morosa, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 8.949 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con zona excluída; sur, María Adán Castro; leste, María Viqueira Dopazo e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15079C502000710000WB. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.016, tomo 1.203, libro 245 e folio 2.

2. A Manuel Rey Gómez, polo prezo de 66.000 €, a parcela n.º 79, Agra de Pedrido, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 6.547 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Manuela Brea Nieto e outra; leste, José Nieto Baliñas; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079C502000790000WM. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.018, tomo 1.203, libro 245 e folio 3.

3. A Manuel Vilouta Lens, polo prezo de 4.900 €, a parcela n.º 146, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 4.986 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e encoro do muíño; sur, río Sar; leste, Santiago Quintáns Mouriño; e oeste, Concepción Quintáns Mouriño e Francisco Barreiro Salaño. Referencia catastral: 15079B502101460000IU. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.026, tomo 1.203, libro 245 e folio 7.

4. A Manuel Alejandro Castro Agra, polo prezo de 9.000 €, a parcela n.º 208, A Braña, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 328 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Manuel Noya Cardelle e outros; sur, Manuela Jallas Barreiro e outros, canle de rega en medio; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Julio González-Barros Vilouta e outros. Referencia catastral: 15079B502002080000IK. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.030, tomo 1.203, libro 245 e folio 9.

5. A Manuel Álvarez Freire e a José Manuel Constenla Pérez, polo prezo de 7.000 €, a parcela n.º 319, A Presa, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.277 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Manuela Freire López; sur, zona excluída; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, río de Roxos. Referencia catastral: 15079B502003190000IW. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.032, tomo 1.203, libro 245 e folio 10.

6. A Francisco Portos Carnota, polo prezo de 6.600 €, a parcela n.º 529, Lentas de Galloso, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 4.246 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Baliñas Noya; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Manuela Barreira Nieto, canle de rega en medio. Referencia catastral: 15079B502005290000IR. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.048, tomo 1.203, libro 245 e folio 18.

7. A Ángel Miguel Minguillón Díez, polo prezo de 14.200 € , a parcela n.º 603, Tallo Lento, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.901 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con zona excluída e María Fontáns Míguez; sur, Manuela Vázquez Carnota; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, camiño de Roxos a Reborido. Referencia catastral: 15079B502006030000IS. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.050, tomo 1.203, libro 245 e folio 19.

8. A Manuel Rey Gómez, polo prezo de 2.500 €, a parcela n.º 644, Dorna, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.036 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Ramón Jallas Nieto e zona excluída; leste, Diego Rodríguez Vázquez, e oeste, Manuela Jallas Barreiro, canle de rega en medio. Referencia catastral: 15079B502006440000IB. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.052, tomo 1.203, libro 245 e folio 20.

9. A Pablo Javier Rodríguez Mota, polo prezo de 1.310 €, a parcela n.º 654, entre Vados Pencubello, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.506 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Jallas Nieto; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, Ramón Doval Calvo. Referencia catastral: 15079B502006540000IF. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.054, tomo 1.203, libro 245 e folio 21.

10. A José M.ª Seoane Cao, polo prezo de 9.600 €, a parcela n.º 1.020-2, Chousa da Costa, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 3.000 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con José María Noya Otero; sur, Santiago Sabel Rey; leste, María Carballido Rey; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079A505030040000FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.950, tomo 1.202, libro 244 e folio 194.

11. A Manuel Jesús Suárez Botana, polo prezo de 4.100 €, a parcela n.º 1.488, Salgueiriños, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 900 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Pilar López Noya e zona excluída; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, José Suárez Suárez e outros; e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15079A505014880000FT. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.958, tomo 1.202, libro 244 e folio 198.

12. A Alberto Gutiérrez Piñeiro, polo prezo de 8.000 €, a parcela n.º 55, Carballo, situada en Vrins e A Portela (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 3.542 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Pedro Cajade Sánchez, Flora Illodo Iglesias e outros; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Pedro Cajade Sánchez; e oeste, Flora Illodo Iglesias e outros. Referencia catastral: 15079A504000550000FY. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.914, tomo 1.202, libro 244 e folio 176.

13. A Ana Beatriz Rial Castro, polo prezo de 18.400 €, a parcela n.º 65, Balante, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 5.403 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Manuel Rama Sánchez e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, zona excluída; leste, Manuela Calvo Rouco e zona excluída; e oeste, con Carmen Martínez Diz e outros, e Manuel Rama Sánchez. Referencia catastral: 15079A509000650000FY. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.966, tomo 1.202, libro 244 e folio 202.

14. A Francisco Portos Carnota, polo prezo de 1.200 €, a parcela n.º 69, Freixa, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.040 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con José Martínez Naveiro e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, zona excluída, canos de desaugadoiro en medio; leste, zona excluída e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con río Sar. Referencia catastral: 15079A509000690000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.968, tomo 1.202, libro 244 e folio 203.

15. A Plácido Blanco López, polo prezo de 1.500 €, a parcela n.º 150, Revolta, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 961 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, regato; leste, Jesús López Castro; e oeste, con José País Framil e outros. Referencia catastral: 15079A509001500000FJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.976, tomo 1.202, libro 244 e folio 207.

16. A M.ª Belén Mallou López, polo prezo de 5.000 €, a parcela n.º 153, Revolta, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.440 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con zona excluída (parroquia de Villestro); sur, zona excluída e saída a camiño; leste, zona excluída; e oeste, con regato que a separa de José Guerra. Referencia catastral: 15079A509001530000FZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.978, tomo 1.202, libro 244 e folio 208.

17. A Francisco Portos Carnota, polo prezo de 5.600 €, a parcela n.º 359, Agro Longo, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.610 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con Encarnación Remesar Calvo e outros; sur, Dolores Requejo Iglesias; leste, Isabel Santomil González e outros, canle de rega en medio; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15002A512003590000BF. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.994, tomo 1.202, libro 244 e folio 216.

18. A José Beiroa Vite, polo prezo de 2.500 €, a parcela n.º 360, Besada, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 325 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Andrés Gil Seoane; leste, Consuelo Pérez Seoane; e oeste, con Manuel Seoane Casal. Referencia catastral: 15079E503003600000DZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.940, tomo 1.202, libro 244 e folio 189.

19. A José García Fraga, polo prezo de 475,96 €, a parcela n.º 35, Riba dos Miños, situada en Santa María da Peregrina (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 913 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño existente que a separa de Francisca Iglesias Martínez; sur, camiño existente; leste, camiño existente, regato en medio; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079A501000350000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.998, tomo 1.202, libro 244 e folio 218.

20. A Santiago Iglesias Suárez, polo prezo de 9.000 €, a parcela n.º 55, Agro de Arriba, situada en Santa María da Peregrina (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 3.360 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Manuel Mata García; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con Carmen Pombo Vites. Referencia catastral: 15079A501000550000FU. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.000, tomo 1.202, libro 244 e folio 219.

21. A José Iglesias Suárez, polo prezo de 700 €, a parcela n.º 275, Agro do Medio, situada en Santa María da Peregrina (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 447 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, José Novais López y María López Cebro; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079A501002750000FE. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.004, tomo 1.202, libro 244 e folio 221.

22. A M.ª Dolores González Mancebo, polo prezo de 3.500 € a parcela n.º 289, Muíño Novo, situada en Santa María da Peregrina (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.463 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, zona excluída, regato en medio; leste, Santiago Novais Barreiro, regato en medio; e oeste, con María López Cebro. Referencia catastral: 15079A501002890000FP. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.006, tomo 1.202, libro 244 e folio 222.

23. A Venancio Míguez Pereiro, polo prezo de 1.000 €, a parcela n.º 866, Eira, situada en San Cristovo de Enfesta (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 700 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade estrema: norte María Vidal Couceiro (758-3); sur, camiño vello á igrexa; leste, camiño; e oeste, camiño vello á igrexa. Referencia catastral: 15079B511008660000IO. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 1 de Santiago de Compostela como predio n.º 25.593, tomo 1.237, libro 244 e folio 130.

24. A M.ª Ascensión Collazo Noya, polo prezo de 44.100 €, a parcela n.º 98, Pombal, situada no lugar de Piñeiro, parroquia de Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 663 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Constantino Capeáns Nieto; leste, María Capeáns Nieto e María Adán Castro; e oeste, José Noya Vidal. Referencia catastral: 3272402NH3437C0001FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 23.020, tomo 1.203, libro 245 e folio 4.

25. A José Seijas García e M.ª Flora Míguez Moroño, polo prezo de 77.258,61 €, a parcela n.º 297, Os Penedos, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.430 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con Elisa Roca Santomil e outros; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, zona excluída; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 4261810NH3446A0001WE. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.986, tomo 1.202, libro 244 e folio 212.

Segundo. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación das seguintes parcelas:

1. Parcela n.º 94, Novais, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 850 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con María Suárez Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Suárez Blanco; e oeste, Ramón Rey Pais. Referencia catastral: 15079A509000940000FW. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.970, tomo 1.202, libro 244 e folio 204.

2. Parcela n.º 354, Cortiña de Pazos, situada no lugar de Coira (Ames), cunha superficie aproximada de 936 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con zona excluída; leste, con zona excluída e oeste con Castora Viqueira Gendra. Referencia catastral: 3751701NH3435S0001JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.992, tomo 1.202, libro 244 e folio 215.

De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, terá lugar segunda poxa o día 17 de xaneiro de 2012 na aula do baixo do edificio administrativo da rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, a partir das 10.00 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15% respecto do tipo da primeira poxa, se así o acorda o presidente da mesa (teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51).

Terceiro. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3.º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda