Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1300

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulacion oficial de máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

0

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Creatividade e Xeración de Ideas

3

Obrigatorio

Creación e Desenvolvemento de Guións

Guión de Documental

3

Obrigatorio

Guión de Ficción non Seriada

6

Obrigatorio

Guión de Ficción Seriada

6

Obrigatorio

Adaptacións de Guión

3

Obrigatorio

Guión de Programas de Entretemento

3

Obrigatorio

Guión e Deseño de Proxectos Interactivos

3

Obrigatorio

Análise e Re-escritura Narrativa

3

Obrigatorio

Guión desde a Produción

3

Obrigatorio

Comercialización do Guión

Presentación e Comunicación de Proxectos de Guión

3

Obrigatorio

Promoción, Comercialización e Difusión de Contidos e Proxectos Audiovisuais

3

Obrigatorio

Aspectos Xurídicos

3

Obrigatorio

Prácticas en empresas

6

Obrigatorio

Prácticas en empresas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais, o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.