Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1298

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

43

Optativas

0

Prácticas externas

8

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Caracterización e Clasificación de Residuos Industriais

4

Obrigatorio

Caracterización e Avaliación de Residuos Industriais e Contaminantes

Caracterización e Avaliación de Contaminantes en Residuos Industriais

4.5

Obrigatorio

Monitorización e Modelización da Contaminación

3

Obrigatorio

Xestión Ambiental de Instalacións Industriais

5

Obrigatorio

Control e Tratamento de Residuos e Emisións Industriais

Xestión e Tratamento de Residuos e Emisións Industriais

6

Obrigatorio

Regulación Administrativa sobre a Contaminación

3

Obrigatorio

Aspectos Xurídicos e Administrativos da Contaminación

Incidencia doutras Normas Xurídicas sobre a Contaminación

3

Obrigatorio

Análise e Caracterización de Solos Contaminados

3

Obrigatorio

Solos: Avaliación e Descontaminación

Técnicas e Procedimentos de Descontaminación de Solos

3.5

Obrigatorio

Tipoloxía de Efluentes e Verteduras Industriais

3

Obrigatorio

Augas: Avaliación e Depuración

Tecnoloxía e Instalacións de Depuración de Augas e Verteduras

5

Obrigatorio

Prácticas de empresas

8

Obrigatorio

Prácticas de empresa

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Contaminación Industrial: Avaliación, Prevención e Control, o alumnado deberá superar 60 ECTS obrigatorios.